Política Protección de Datos Consigna
1. Responsable do tratamento
O responsable do tratamento é Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A., S.M.E. (en adiante, “Correos”), con NIF A-83052407 e domicilio social en Conde de Peñalver, 19 - 28006 Madrid (España).
Para garantir a axeitada xestión de dito tratamento, Correos ten designado un Delegado de Protección de Datos (DPD o DPO), ao que podo dirixirse para calquera cuestión que precise con relación aos mesmos a través da seguinte dirección de correo electrónico: dpdgrupocorreos@correos.com.
2. Finalidades do tratamento, bases lexitimadoras e tipo de datos tratados.
Correos tratará os datos persoais do interesado para a satisfacción das seguintes finalidades:
A. Prestación do servizo de Consigna.
Descrición da finalidade: Os seus datos serán tratados para: (i) Prestar o servizo de consigna de conformidade co establecido nas súas Condicións Xerais do Servizo de Consigna, que inclúe o envío do xustificante (recibo) ao correo electrónico se así o solicita o contratante, e no seu caso para a emisión da correspondente factura solicitada polo cliente; (ii) Tramitar e darlle resposta as súas dúbidas, consultas ou reclamacións.
Datos tratados con esta finalidade:
A. Cando a contratación se realice na oficina de Correos de Santiago de Compostela, cubrindo a documentación habilitada ao efecto, os datos tratados serán: nome e apelidos.
B. Cando a contratación se realice pola Plataforma, os datos tratados serán o nome, apelidos e o correo electrónico, este último dato para poder remitirlle o código de reserva correspondente.
En ambos os dous casos, A) e B), no momento de realizar a consigna da equipaxe polo cliente na oficina solicitaráselle o seu nº de DNI/pasaporte coa fin de verificar a identidade do contratante. Así mesmo, co respecto ao xustificante (recibo) entregado no momento da consigna da equipaxe na oficina, o depositante poderá solicitar que o mesmo lle sea remitido vía correo electrónico. En tal caso, e se aínda non o proporcionou, o depositante deberá indicar o seu correo electrónico coa finalidade de que Correos lle remita o xustificante (recibo).
No caso de que o cliente solicite factura do servizo, trataranse os datos relativos o seu DNI/pasaporte e domicilio.
Base de lexitimación: A base na que se ampara este tratamento é a execución dun contrato ou a aplicación de medidas precontractuais a petición do interesado.
Para o envío do xustificante (recibo) por correo electrónico, a base xurídica do tratamento dos datos é o consentimento outorgado polo contratante.
B. Envío de ofertas e promocións de “El Camino con Correos”.
Descrición da finalidade: no caso de que vostede contratara o servizo de Consigna a través da web e preste o seu consentimento, Correos poderá enviarlle, por medios electrónicos, información comercial sobre ofertas e promocións de “El Camino con Correos”.
Datos tratados con esta finalidade: Os datos tratados serán datos identificativos (nome e apelidos) e de contacto (dirección postal, correo electrónico e teléfono).
Base de lexitimación: A base na que se ampara este tratamento é o consentimento do interesado.
C. Envío de ofertas e promocións do resto de produtos e servizos de Correos.
Descrición da finalidade: En caso de que vostede contratara o servizo de Consigna a través da web e preste o seu consentimento, Correos poderá remitirlle por calquera canal electrónico ou non electrónico información comercial relacionadas coa prestación, mellora e actualización dos nosos produtos e servizos, novas tarifas e descontos.
Datos tratados con esta finalidade: Os datos tratados serán datos identificativos (nome e apelidos) e de contacto (dirección postal, correo electrónico e teléfono).
Base de lexitimación: A base na que se ampara este tratamento é o consentimento do interesado.
D. Envío de ofertas e promocións doutras empresas do Grupo Correos e de terceiras empresas.
Descrición da finalidade: En caso de que vostede contratara o servizo de Consigna a través da web e preste o seu consentimento, Correos poderá remitirlle por calquera canal electrónico ou non electrónico ofertas e promocións de:
- Outras empresas do Grupo Correos que prestan servizos relacionados cos sectores que pertencen ás actividades de servizos de paquetería, de valor engadido ao servizo postal, transporte, loxística, seguros, marketing e de telecomunicación.
- Outras empresas coas que Correos teña suscrito distintos convenios de colaboración e que poidan pertencer a sectores como telecomunicacións, financeiro, seguros, gran consumo, sanidade e ONG´S.
Datos tratados con esta finalidade: Os datos tratados serán datos identificativos (nome e apelidos) e de contacto (dirección postal, correo electrónico e teléfono).
Base de lexitimación: A base na que se ampara este tratamento é o consentimento do interesado.
E. Envío de felicitacións de Nadal a clientes de Correos.
Descrición da finalidade: Correos ten un interese lexítimo en promover, reforzar e afianzar a imaxe corporativa de Correos. Para lograr o obxectivo exposto Correos poderá realizar envíos de felicitacións de Nadal a aqueles Clientes que manteñan unha relación contractual previa coa Sociedad, coa finalidade de consolidar a relación cos destinatarios das comunicacións, remitindo unja felicitación de Nadal a través dunha comunicación electrónica, con carácter anual e durante a campaña natalicia. As felicitacións terán carácter corporativo e en ningún caso comprenderán unha referencia a ningunha contratación.
Datos tratados con esta finalidade: Os datos utilizados serán, unicamente, datos de contacto (correo u outro medio de comunicación equivalente) e, eventualmente, datos identificativos.
Base de lexitimación: A base de lexitimación é o interese lexítimo de Correos. Pode solicitar máis información sobre o interese lexítimo de Correos en dpdgrupocorreos@correos.com. Non obstante o anterior, o Cliente poderá opoñerse ao tratamento anterior marcando a caixa habilitada ao efecto no panel de preferencias e consentimentos. Así mesmo, poderá manifestar a súa oposición a través da páxina web: https://www.elcaminoconcorreos.com/gl/consigna-santiago ou o correo electrónico: derechos.protecciondatos.correos@correos.com.
F. Comunicación de datos a outras empresas do Grupo Correos e a terceiras empresas.
Descrición da finalidade: En caso de que vostede contratara o servizo de Consigna a través da web e preste o seu consentimento, Correos poderá comunicarlle os seus datos ás empresas do Grupo Correos e a terceiras empresas de sectores que se detallan na finalidade anterior co obxectivo de que estas empresas poidan facerlle chegar, de forma directa e sen a intermediación de Correos, ofertas e promocións relativas aos seus produtos e servizos.
Datos tratados con esta finalidade: Os datos tratados serán datos identificativos (nome e apelidos) e de contacto (dirección postal, correo electrónico e teléfono).
Base de lexitimación: A base na que se ampara este tratamento é o consentimento do interesado.
G. Enriquecer a súa información.
Descrición da finalidade: En caso de que vostede contratara o servizo de Consigna a través da web e preste o seu consentimento, Correos poderá consultar fontes externas a Correos, tales como editores de sitios web que lle ofrezan ao público información de carácter mercantil e fiscal sobre persoas xurídicas e autónomos (ex., Axesor, Iberinform), así como Rexistros Públicos (Rexistro Mercantil (rexistradores.org…) Catastro, Redes Sociais, (ex.Meta, X) ferramentas de xeomarketing,( RegioGraph, NetGeomarketing) bases de datos de información económica como INFORMA, ficheiros de información crediticia como ASNEF, BADEXCUG, etc., co obxecto de obter información adicional a xa tratada por Correos e así realizar accións de segmentación e perfilado orientado ao estudo de preferencias para entender o perfil de persoas xurídicas e autónomos que se interesan polos nosos produtos e servizos e coñecer o patrón de consumo, de cara a realizar comunicacións comerciais persoalizadas basadas en dita segmentación e perfilado. Isto incluiría, por exemplo, coñecer o seu historial de transaccións. Estas comunicacións comerciais e ofertas conforme as súas preferencias realizaranse só cando se teña habilitado a Correos para a remisión de comunicacións comerciais e ofertas mediante o seu consentimento.
Datos tratados con esta finalidade: Os datos tratados son datos identificativos (nome e apelidos de representantes de persoas xurídicas), posto de traballo que ocupa e, en caso de autónomos, datos identificativos (DNI, nome e apelidos) e de contacto (código postal), así como datos asociados ao consumo e histórico de transaccións con Correos ou outras empresas, datos relativos as súas preferencias e opinións sobre a interacción con Correos ou outras empresas.
Base de lexitimación: A base na que se ampara este tratamento é o consentimento do interesado.
H. Cumprir coas obrigas legais.
Descrición da finalidade: Cumprir as distintas obrigas legais atribuidas. Para cumprir estas obrigas, Correos poderá comunicar os seus datos ás Administracións Públicas e tribunais, sempre que tal información sexa requerida conforme aos procesos legais establecidos.
Datos tratados con esta finalidade: Para esta finalidade, trataranse os datos necesarios para cumprir as obrigas legais de conformidade á normativa aplicable.
Base de lexitimación: A base de lexitimación na que se ampara este tratamento é o de cumprir cunha obriga legal.
O cliente garantiza que os datos facilitados a Correos para a prestación dos servizos solicitados responden con veracidade á situación real e que comunicará cualquiera modificación que afecte aos mesmos. En consecuencia, o cliente responderá fronte a Correos e terceiros de calquera dano ou perxuizo ocasionados como consecuencia do incumprimento das obrigas asumidas nesta cláusula.
3. Prazo de conservación dos datos.
Os seus datos personais serán conservados e tratados en tanto sexa necesario para a prestación do servizo. Transcorrido este período os datos serán suprimidos conforme ao disposto na normativa de protección de datos o que implica o seu bloqueo, estando dispoñibles tan só a solicitude de Xuíces e tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes durante o prazo de prescripción das accións que puideran derivar para ser posteriormente eliminados.
4. Os seus dereitos.
A nosa normativa de protección de datos confírelle unha serie de dereitos en relación co tratamento de datos que implican os nosos servizos que podemos resumir nos seguintes:
- Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos estamos tratando e as características do tratamento que estamos levando a cabo.
- Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos seus datos por ser estes inexactos ou non veraces.
- Dereito de portabilidade: Poder obter unha copia nun formato interoperable dos datos que estean sendo tratados.
- Dereito á limitación do tratamento nos casos recollidos na Lei.
- Dereito de supresión: Solicitar a supresión dos seus datos cando o tratamento xa non resulte necesario.
- Dereito de oposición: Este dereito permítelle, por exemplo, solicitar o cesamento no envío de comunicacións comerciais.
- Dereito a revogar o consentimento prestado, no seu caso.
Pode exercitar os seus dereitos a través dalgún dos siguintes canais:
- Dirección Postal: Conde de Peñalver,19 - 28006 Madrid (España).
- Correo Electrónico: protecciondatos.correos@correos.com
Así mesmo, todas as comunicacións comerciais electrónicas incluirán un mecanismo de baixa ou semellante que lle permitirá, se así o desexa, non recibir novas comunicacións.
Na páxina web da Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) pode atopar unha serie de modelos que lle axudarán no exercicio dos seus dereitos. Así mesmo, informámoslle que ten dereito a interpor unha reclamación ante a autoridade de control (en España, a AEPD) en caso de que considere infrinxidos os seus dereitos, así como a dirixirse ao Delegado de Protección de Datos (DPD ou DPO) de Correos a través da seguinte dirección de correo electrónico: dpdgrupocorreos@correos.com.