
Envío de maletas, mochilas e equipaxes no Camiño de Santiago
En Correos realizamos o envío de mochilas, maletas e equipaxes no Camiño de Santiago co Paq Peregrino.
Este servizo permite enviar maletas e paquetes á oficina de Correos de Santiago de Compostela ou a calquera oficina de Correos do Camiño, con opción de recollida no aloxamento se o contratas online. Gardámolo ata 30 días para que camiñes sen preocupacións.
O peregrino que queira levar consigo as súas cousas sen cargar coa mochila ten a súa disposición o Paq Mochila, servizo de transporte diario de equipaxe de etapa en etapa.
Envía a túa maleta ou paquete desde un aloxamento do Camiño
Queres enviar unha maleta ou paquete a algún punto do Camiño de Santiago pero non podes ir a unha oficina de Correos? Podes contratar o Paq Peregrino online con recollida en calquera aloxamento do Camiño de Santiago, na túa casa ou onde ti queiras. Un carteiro pasará a recollelo e o enviará directamente a Santiago de Compostela ou á oficina de Correos que ti decidas.
E se quero envialo directamente a miña casa ao finalizar o Camiño? Coa opción de contratación online tamén é posible.

Contratación online con recollida onde queiras
Queres enviar unha maleta a Santiago para dispoñer dela ao finalizar o Camiño? Sobran cousas da túa mochila e queres desfacerte delas? Fixeches compras durante o teu Camiño e non queres cargalas no teu equipaxe? Contrata un Paq Peregrino e envía a túa maleta ou paquete á oficina de Correos de Santiago:
Oficina Principal de Correos de Santiago
Rúa do Franco, 4
15702 Santiago de Compostela
Ao rematar o teu Camiño poderás recoller a túa maleta na oficina que Correos ao carón da Catedral de Santiago (Rúa do Franco, 4).
Ao facer o envío, escolle o tempo de almacenaxe que precises. Gardámola ata 30 días para que poidas facer o Camiño tranquilamente e sen preocupacións.
Contratación online. Recorda que podes dirixirte a calquera das máis de 2.400 oficinas que Correos ten en España e enviar un Paq Peregrino ou contratar contratar o Paq Peregrino de forma online. Selecciona o punto desde onde queres facer o envío e deixar o teu Paq Peregrino reservado, pagado e listo para enviar.