
Deixa a túa mochila, bici ou bastón na consigna de Correos, a 2 minutos a pé do Obradoiro.
Na oficina de Correos de Santiago atoparás unha consigna para mochilas, maletas, bicis, bicis eléctricas ou bastóns.
Así poderás entrar na Catedral (non permite a entrada con mochilas), ir a buscar a túa Compostela ou visitar a cidade sen pesos nin cargas.
Tamén che pode resultar útil para deixar as túas cousas se segues ata Fisterra ou Muxía.
Resérvaa xa online e esquece as preocupacións.
¿Como funciona?
Correos conta cunha consigna para que podas gardar a túa mochila ou maleta ao finalizar o teu Camiño de Santiago.
Se buscas onde gardar a túa equipae en Santiago de Compostela, en Correos almacenamos e custodiamos a túa mochila ou maleta para que podas gozar da cidade sen cargas e libre de preocupacións. Está aberta todos os días e a só 2 minutos a pé da Catedral.
A consigna de Correos en Santiago tamén che pode resultar útil para deixar as túas cousas se segues o teu Camiño ata Fisterra ou Muxía. Gardámosche a túa equipaxe o tempo que ti queiras.
Contrata xa a túa consigna online e esquece as preocupacións. Reservar é moi sinxelo: enche o formulario que temos enriba e acode á nosa oficina de Santiago co código de reserva e a túa mochila, bici ou bastón. Gardámoschos o que ti queiras!
Chegas a Santiago coa túa bicileta tras finalizar o Camiño e non sabes que facer con ela? Na consigna de Correos gardámosche a túa bici ou bici eléctrica. Estará segura e protexida o tempo que ti precises, xa sexan unhas horas ou uns días.
Reserva online a consigna para a túa bicicleta nun par de clics! Ao chegar á oficina de Correos ensina o teu código de reserva, deixa a túa bicicleta e goza de Santiago.

Enderezo
Rúa do Franco, 4
15702 Santiago de Compostela Ver en Maps
Horario
Luns - Domingos: 8:30 - 20:30
Luns - Venres: 8:30 - 20:30 | Sábados, domingos e festivos: 10:00 - 18:00
Prezos