Consellos do carteiro

Consellos do carteiro

Consellos do carteiro

Os consellos do carteiro para o Camiño de Santiago.

En Correos levamos máis de 300 anos recorrendo camiños para chegar día a día a todas as vilas e fogares. Facemos preto de 700.000 quilómetros diarios (como dar a volta ao mundo 17 veces!) para chegar a todos os rincóns de España e temos máis de 2.000 oficinas postais por toda España.

Así que, quen mellor que os nosos carteiros que están preto do Camiño de Santiago e que o recorren día a día para axudarte e solucionar todas as túas dúbidas. Aquí podes ler a súa resposta a algunhas das preguntas máis frecuentes que se fan os peregrinos. Ademais, na información de cada etapa atoparás unha recomendación de que facer, ver ou comer en cada lugar para gozar ao máximo do teu Camiño.

Que levar na mochila para o Camiño de Santiago?

Isabel Martínez
Isabel Martínez Correos Burgos

Que levar na mochila para o Camiño de Santiago depende moito dos quilómetros que un quere percorrer, dos días vai estar no Camiño ou de se un decide cargar con el o que lla traslademos en Correos. Se decides camiñar coa mochila ás costas, leva o imprescindible, porque poderás lavar roupa nos albergues ou mercar o que precises nos fins de etapa. Se prefires non cargar coa equipaxe, podes contratar o Paq Mochila e levar o que precises e un pouco máis (ata un máximo de 15kg). Non obstante, recorda que no Camiño, como na vida, menos é máis. Sexa cal sexa a túa opción, aquí tes unha unha lista de imprescindibles.


Envíos de bastóns.

Ao chegar a Santiago ou ao final do teu Camiño podes enviar os teus bastóns por se non queres facturalos ao volver a casa (non entra como equipaxe de man se volves en avión). Os prezos para estes envíos son:

Envío de bastóns a España e outros destinos: prezo por peso. Consultar prezo en oficina. Envío de bastóns a Europa: desde 16 euros (IVE incluido).

Que é a Compostela? Onde se recolle?

Pilar MIguélez
Pilar MIguélez Correos Santiago

A Compostela, á que moitos chamana erroneamente "compostelana", é o documento que entrega a Catedral de Santiago para acreditar que os realizaron o Camiño de Santiago. Entrégase na Oficina de Atención ao Peregrino, na rúa Carretas, moi preto da Praza do Obradoiro. Para conseguir a Compostela, terás que ensinar a túa Credencial, onde se teñen que ver os selos que certifiquen que fixeches como mínimo os últimos 100 kilómetros a pé ou 200 en bicicleta. Cando a vaias recoller preguntaranche se fixeches o Camiño por motivos relixiosos ou espirituais, culturais ou deportivos. A Compostela entrégase se o fixeches polos primeiros motivos. Se realizas o Camiño por motivos culturais ou outro tipo de motivación entregaranche outra certificación. Despois de gozar do momento da chegada ao Obradoiro recomendamos deixar a mochila na nosa consigna ( a 150 metros, na Rúa do Franco) para poder visitar a Catedral e ir buscar a Compostela ou moverte pola cidade sen cargas.


Se fago o Camiño en bicicleta, como a envío de volta?

José Doce
José Doce Correos Fene

Se decides facer o Camiño de Santiago en bici, cando chegues a Santiago ou a onde decidas acabar queres volver en avión, tren ou autobús, non te preocupes. En Correos envíamos a túa bici de volta desde calquera das nosas oficinas. En Santiago temos unha oficina na Rúa do Franco 4, a poucos metros da Catedral, e outro punto de atención na Oficina do Peregrino. Así que podes enviar a bici ao chegar para esquecerte dela e poder visitar Santiago tranquilamente. Enviámola nunha caixa adaptada e resistente e cun seguro. Aquí podes ver toda a información. Ah! E se non queres facer o Camino con alforxas para ir máis lixeiro, podes contratar o Paq Mochila e nós trasladaremos a tú equipaxe de etapa en etapa.


Onde empeza o Camiño de Santiago?

Mª Jesús Vera
Mª Jesús Vera Correos Quiroga

O Camiño de Santiago podes empezalo onde decidas. Primeiro tes que elixir que Ruta queres facer: Camiño Francés, Camiño do Norte, o Primitivo, etc…, se queres acabalo en Santiago ou prefires facer outro tramo, e ver cantos días tes para camiñar.

Son varios os puntos máis populares para empezar o Camiño de Santiago; os que elixen o Camiño Francés adoitan partir desde Saint Jean Pied de Port ou Roncesvalles se dispoñen de días, ou desde puntos máis próximos como Sarria, O Cebreiro (Galicia) ou xa na provincia de León en Astorga, Ponferrada, Sahagún ou León. Tamén é común empezar en Pamplona (Navarra) ou Burgos. Os do Camiño Portugués adoitan sair desde Oporto ou Tui; os do Camiño Inglés desde Ferrol, e os do Camiño Primitivo desde Oviedo. Aquí podes consultar as rutas xacobeas máis populares e coñecer como chegar a cada punto de partida.


Como se pode ir ata Fisterra?

Santi Vidal
Santi Vidal Correos de Bertamiráns

Ao chegar a Santiago moitos peregrinos queren chegar ata Fisterra para ver o quilómetro cero e solpor sobre o chapado Fin do Mundo. Pódese chegar ata alí camiñando, ao longo doutras 4-5 etapas (ao redor de 100 km) polo Camiño a Fisterra. Tamén se pode ir en autobús ou contratando a viaxe nunha axencia. Se se colle o autobús hai que ter en conta que o último autobús de volta a Santiago sae sobre as 19 horas, así que se queres ver poñerse o sol probablemente teñas que quedar e pasar alí a noite.


Cal é a mellor época para facer o Camiño?

Ana Isabel Gómez Correos Santo Domingo de la Calzada

O Camiño de Santiago pode facerse en calquera época do ano. Pero hay que ter en conta que algúns albergues pechan na temporada de inverno, así que hai que asegurarse antes de dispoñer de aloxamento. Por este motivo e por ter mellor tempo, a maioría de peregrinos camiñan a partir de Semana Santa e ata o mes de outubro. Aquí contámosche polo miúdo cales son as datas máis recomendables.


Pódese facer o Camiño só? É seguro?

Pilar Díez
Pilar Díez Correos Bembibre 

Hai moitos peregrinos que deciden facer o Camiño de Santiago sos e, de feito, os que o fan adoitan recomendar esta experiencia. O Camiño é seguro. Todos os anos o percorren milleiros de peregrinos e non hai ningún problema. Ademais, hai épocas do ano no que hai moita xente camiñando e, máis ou menos, adoitan facer os mesmos horarios de saída das etapas, así que é difícil que esteas só. De feito, unha máxima do Camiño é que nunca camiñas só. Non obstante, aquí tes 10 consellos por se te decides a camiñar en solitario.


Fai falta chegar ata Santiago de Compostela?

Juan Carlos Ruiz
Juan Carlos Ruiz Correos Puente La Reina-Gares

Para facer o Camiño de Santiago non é preciso acabar en Compostela. Pode elixirse calquera parte da Ruta. Non obstante, debes saber que a Compostela só a poderás recibir se chegas a Santiago e acreditas, como mínimo, ter percorrido os últimos 100km a pé ou os últimos 200km en bici. Podes conseguir a Compostela igualmente aínda que fagas diferentes tramos en diferentes épocas de tempo. O requisito é o mesmo: acreditar que pasaches por todas as etapas dos últimos 100km ata Santiago se vas a pé (200km en bici). Aquí podes saber máis da Compostela e como se consigue.


Están ben sinalizados todos os Camiños?

Pepe Claro
Pepe Claro Correos Mondoñedo

Todos os Camiños están ben sinalizados coa famosa frecha amarela que verás pintada no chan, en pedras, árbores... Ademais, en Galicia hai cada certos quilómetros monilitos que marcan o lugar onde estás e os quilómetros que quedan.


O Camiño Primitivo e o Camiño do Norte están igual de preparados que o Camiño Francés?

Celestino y Aurora Gómez Fernández
Celestino y Aurora Gómez Fernández Correos de Tineo & Grado

Cada vez hai máis peregrinos que deciden facer un Camiño diferente ao Francés e comezan no País Vasco ou Asturias. O Camiño do Norte e o Camiño Primitivo están igualmente sinalizados con frechas amarelas que van marcando a ruta e dispoñen de albergues e outros aloxamentos para os finais de cada etapa. Ambos foron declarados en 2015 Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.


Preciso estar moi preparado para facer o Camiño? Cantos quilómetros hai que facer ao día?

Amparo Fernández
Amparo Fernández Correos A Fonsagrada

O Camiño de Santiago pode facelo calquera persoa porque pode adaptarse o percorrido ás necesidades de cada un. Aínda que as etapas están marcadas, e son duns 25 quilómetros de media por día a pé, cada peregrino pode ir adaptando a súa ruta as súas condicións físicas. Hai peregrinos que fan 10 quilómetros ao día e outros que incluso son capaces de xuntar dúas etapas. Non obstante, aquí tedes algúns consellos para chegar o máis en forma posible ao Camiño. E ten en conta que o noso servizo de traslado diario de mochilas entre etapas tamén axudad a que persoas que non poidan cargar coa mochila ás costas ou que simplemente queren ir con máis comodidade, poidan camiñar sen peso.


Qué é o Ano Santo? Cando é o próximo?

Daniel Calvo
Daniel Calvo Correos Padrón

O Ano Santo, Ano Santo Xacobeo ou Xacobeo é aquel ano no que o 25 de xullo, día do Apóstolo Santiago, cae en domingo. Isto adoita ser cada 6, 5, 6 e 11 anos. O Ano Santo dá a indulxencia plenaria (perdón dos pecados) aos peregrinos que cumpran cos requisitos: que visiten a Catedral de Santiago, recen unha oración ou asistan a unha misa e reciban os sacramentos da penitencia e a comunión. Ese ano, a Catedral de Santiago abre a Porta Santa, pola que entran os peregrinos. O vindeiro Ano Santo será en 2027.


Onde se durme? Como son os albergues? Teñen sabas? Podo reservalos?

Teresa López
Teresa López Correos Portomarín

Aínda que tradicionalmente os peregrinos adoitaban durmir nos albergues públicos das localidades polas que pasa o Camiño, cada vez hai máis opcións de aloxamento: máis albergues, hostais, hoteis, casas rurais… Para eixir a mellor opción tes que ter en conta que os albergues públicos son os máis económicos, pero non admiten reserva, senón que van repartindo as prazas segundo a orde de chegada dos peregrinos, e que algúns teñen hora de peche pola noite. Outros albergues, hostais, hoteis, etc si admiten reservas e permiten volver á hora que queiras. Os albergues fronte aos demais aloxamentos adoitan ter amplas habitacións con literas, con baños compartidos e algunha sala ou cociña de uso común. Se te vas a aloxar nun é recomendable que leves saco de durmir (aínda que algúns facilitan sabas), e tapóns por se alguén ronca. No noso buscador de aloxamentos podes atopar o que máis se adapte as túas necesidades.


Como se organizan as comidas?

José Rey
José Rey Correos de O Carballiño 

Se saes pola mañá cedo, moitas das etapas as acabarás antes da hora do xantar, así que poderás comer na vila onde finalizas. En moitas localidades, os restaurantes dispoñen do chamado “Menú do Peregrino” ou "Menú do día", con prezos máis económicos. Algúns albergues contan con cociña, así que tamén existe a opción de facer a compra nalgún supermercado e preparar algo de comer. Se fas o Camiño con calma e non acabas a etapa á hora de comer, tampouco terás problema porque atoparás moitos pobos e bares onde pedir algo para comer e beber. Iso si, recorda sair con auga para o Camiño e nunca sobra algo de froita, froitos secos ou algún alimento enerxético por se tes fame no medio da etapa.


Hai algún truco para previr as bochas nos pés?

Mª Angeles Frías Correos Castro Urdiales

Para non ter bochas hai trucos de todo tipo. O primeiro é non levar calzado novo, hai que usalo antes. O que elixamos nin debe apretar o pé nin levalo moi frouxo. Os calcetíns, mellor de tecidos que favorezan a traspiración e, se pode ser, sen costuras. Despois, hai peregrinos que din que vai moi ben levar dous pares de calcetíns, outros que antes de saír a camiñar se hidratan moi bien os pés con produtos específicos que se poden mercar en farmacias e algúns incluso con vaselina ou cremas mentoladas que se usan normalmente para os catarros… Hai que deixar respirar os pés en canto se poida descansar un pouco. E se aínda así saen bochas, recoméndase poñer os pés en auga morna e vinagre. Iso e atravesar a bocha cunha agulla de coser esterilizada. Aquí tedes máis consellos para coidar os pés no Camiño.


Comentarios
Ana
Buenos días, Llevaría conmigo una máquina de apnea. Hay alguna limitación al respecto?
08-10-2024

Se estes consellos non solucionaron as túas dúbidas contáctanos e contestarémosche

A túa dirección de correo electrónico non será publicada.
Os campos obrigatorios están marcados con *