Condicións xerais dos servizos

Ao contratar os servizos da Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A. S.M.E. (en adiante, CORREOS) Vd., en calidade de Remitente, acorda que os presentes Termos e Condicións se aplicarán desde o momento en que Correos acepte o Envío, salvo pactos ou condicións específicas derivadas da singularidade do servizo contratado. CORREOS poderá realizar os servizos polos seus propios medios ou ben subcontratar parcialmente a prestación do servizo.

CORREOS resérvase a facultade de modificar os presentes Termos e Condicións. A versión vixente destes termos será a última publicada na páxina web de El Camino con Correos, (www.elcaminoconcorreos.com). CORREOS comunicaralle ao cliente dita modificación no prazo máximo de 2 meses.

Condicións xerais do servizo Paq Mochila

1.- OBXECTO

O presente documento contén o texto íntegro das Condicións Xerais de Contratación e Utilización (en adiante, as “Condicións Xerais”) do servizo Paq Mochila (en adiante, o/os “Servizo/s”), proporcionado pola Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A. S.M.E. (en adiante, “Correos”), con domicilio social na rúa Conde de Peñalver, nº 19, 28006 Madrid (España), NIF número A83052407 .

A utilización dos Servizos está suxeita á aceptación e cumprimento das presentes Condicións Xerais por parte do usuario que faga uso deles (en adiante, o “Usuario”).

A aceptación das presentes Condicións Xerais entenderase feita sen reservas de ningunha clase e referida a todas e cada unha delas, así como a calesquera outros textos legais que, no seu caso, rexan a utilización dos Servizos, e que completen o previsto nas presentes Condicións Xerais. As presentes Condicións Xerais serán de aplicación desde o momento en que Correos acepte o/os Servizo/s. Correos poderá realizar os servizos polos seus propios medios. Correos resérvase o dereito a modificar as presentes Condicións Xerais, polo que se considerarán vixentes e, polo tanto aplicables, as Condicións Xerais dispoñibles en cada momento e publicadas na presente web oficial de Correos

O Usuario deberá absterse de utilizar os Servizos en caso de desacordo coas presentes Condicións Xerais.

2.- SERVIZO PAQ MOCHILA PRESTADO POR CORREOS

É un servizo para o transporte de mochilas ou maletas (en adiante “bultos”) dos Usuarios, entre os aloxamentos que teñan reservados nas distintas etapas do Camiño de Santiago (en adiante, “Camiño”), con ou sen valor económico.

3.- CONTRATACIÓN DO SERVIZO PAQ MOCHILA

A contratación poderá realizarse desde a web www.elcaminoconcorreos.com, a través do teléfono +34 682440022 ou por correo electrónico en paqmochila@correos.com. A contratación deberá realizarse como máximo antes das 20:00 do día anterior a realizar o Servizo. Á hora de contratar, deberá indicar o lugar de recollida e entrega dos bultos, nome, email e teléfono de contacto. Para a contratación deste Servizo, o Usuario deberá ser maior de 18 anos.

Se o Usuario realizase algún tipo de cambio no seu itinerario que puidese afectar ao lugar de destino dos bultos deberá avisar a Correos por teléfono (no número sinalado anteriormente) ou por correo electrónico (á dirección sinalada anteriormente), indicando a modificación antes das 20:00 do día anterior a realizar o Servizo. En caso de que o Usuario non informase a Correos nos termos e prazos indicados suporá a non realización por Correos do Servizo, sen que proceda a devolución do importe que, no seu caso, se abonase e conlevará a renuncia por parte do Usuario a reclamar a devolución do importe pagado polo Servizo.

O Usuario deberá deixar os bultos preparados para o seu transporte na recepción do aloxamento (do lugar indicado á hora de contratar os Servizos) antes das 08:00 do día da recollida. A recollida efectuarase nos puntos de admisión indicados dos aloxamentos que seleccionara o Usuario e que os aloxamentos poñan a súa disposición.

Non se aceptarán obxectos atados ou colgados fóra dos bultos. Todos os obxectos a transportar deberán ir perfectamente empaquetados no interior dos mesmos. Polo tanto, non se aceptarán aqueles bultos que non teñan un formato de equipaxe (mochila ou maleta) ou que superen as dimensións ou peso anteriormente detallad@s.

Este servizo Paq Mochila non dará dereito a reserva de praza nos aloxamentos aos que se realizará o envío, sendo Correos completamente alleo á relación que os aloxamentos teñan cos seus Usuarios. Así mesmo, o Usuario deberá garantir que conta con reserva ou permiso do aloxamento para realizar a entrega/recollida dos bultos. En caso de que non sexa así, Correos devolverá os bultos ao punto de orixe sen que haxa opción a devolución do importe do traslado abonado nin a calquera outro tipo de reclamación.

Correos, en ningún caso, se responsabilizará das perdas ou roubos dos bultos unha vez se entreguen nos puntos indicados polo Usuario.

Correos non realizará o Servizo os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro. As datas e os Camiños nos que se realiza o transporte de bultos aparecerá indicado na página web do Servicio: paqmochila.com.

4.- OPERATIVA DO SERVIZO

O Usuario solicitará o Servicio por calquera das modalidades posibles (online, email ou telefonicamente). Nese momento xerarase un código de reserva que irá asociado ao Servizo durante todo o percorrido. O Usuario poderá consultar en www.elcaminoconcorreos.com as datas de dispoñibilidade deste Servizo.

Correos recollerá e entregará os bultos no/s establecemento/s elixido/s polo Usuario, salvo rexeitamento por parte do establecemento. Ao aceptar estas Condicións Xerais o usuario garante que conta con reserva ou permiso do aloxamento para facer a entrega/recollida dos bultos.

Os bultos deberán estar preparados para ser recollidos na recepción dos aloxamentos ás 08:00 h, e entregaranse en destino antes das 14:30 h. Os bultos recolleranse e entregaranse sen a necesidade da presenza física do Usuario nin a sinatura de ningún documento. Debe terse en conta que o fuso horario, mencionado en todo o condicionado, corresponderá ao de Europe/Madrid, Zona Horaria: (UTC/GMT +01:00), que pasa a ser UTC+2 en verán.

Cada bulto terá un Código de Reserva único. O Usuario pode descargar unha etiqueta asociada a dito código único de Reserva desde o enlace que se lle enviará no Email de Confirmación da Reserva. Esta etiqueta permite xerar unha trazabilidade a eses bultos durante o seu percorrido.

5.- ÁMBITO

O ámbito de prestación deste Servizo será en todo o territorio nacional.

Para máis información consultar en www.elcaminoconcorreos.com ou no teléfono +34 683 440022.

6.- GARANTÍAS E INDEMNIZACIÓNS

O Usuario manifesta expresamente que o seu envío é aceptable para o transporte, non atopándose dentro dos clasificados como substancia tóxica, mercadoría perigosa, ou artigos prohibidos ou restrinxidos, segundo a normativa vixente en España.

A contratación deste Servizo está suxeita ás garantías expostas na Lei 15/2009, de 11 de novembro, do contrato de transporte terrestre de mercadorías, non dispoñendo de garantía adicional algunha contra perda, dano e/ou retraso do envío obxecto de transporte sempre que non sexan imputables ao mesmo.

O Usuario do envío garante que o contido do mesmo é aceptable para o seu transporte por Correos, así como que está correctamente identificado, direccionado e acondicionado, para poder efectuar un transporte seguro do mesmo cun coidado razoable na súa manipulación, asumindo directamente as responsabilidades que puideran derivarse do seu incumprimento. Así mesmo, é responsable da correcta e exacta redacción, en canta documentación lle corresponda cubrir, dos datos referidos ao Usuario (remitente), destinatario (aloxamento receptor do envío), servizos contratados, e características do envío. O Usuario obrígase polo presente a indemnizar a Correos por calquera dano, reclamación ou sanción que se poida derivar no caso de incumprimento das súas obrigas recollidas na normativa que resulte de aplicación. Non se aceptarán aqueles bultos que non teñan un formato de equipaxe (mochila ou maleta) ou que superen as dimensións ou peso detallados nas presentes Condicións Xerais.

Correos informa que nos casos legalmente establecidos, as autoridades competentes poderán abrir e inspeccionar un envío sen notificación previa ao Usuario. O Usuario acepta mediante este condicionado que os seus envíos poidan ser retidos, sometidos a inspección ou a outras medidas adicionais.

Correos non aceptará responsabilidade algunha por obxectos ou bultos fráxiles, valiosos ou perecedeiros, nin obxectos gardados no seu interior en embalaxes non axeitadas.

  • No referente aos dereitos de reclamación e pagamento de indemnizacións que ten o Usuario, establécese unha cantidade fixa de 60€ en caso de perda e de 30€ en caso de deterioro/rotura.
  • A reclamación farase seguindo o procedemento estipulado máis adiante.

Correos resérvase o dereito a recuperar os bultos para a súa inspección e valoración, polo que o Usuario deberá ter a súa disposición a mercadoría danada ata a completa resolución da reclamación.

  • Danos provocados polo uso (rabuñada, descosido…). No caso de producirse un dano ou desperfecto en calquera das partes saíntes debido ao uso da equipaxe, o Usuario non terá dereito a indemnización.
  • En caso de retraso na entrega superior a 12h imputable a Correos, o Usuario terá dereito a indemnización polo prexuizo sufrido, co límite do prezo do transporte.
  • Procedemento estipulado para as reclamacións: o Usuario, para realizar unha reclamación por calquera dos motivos anteriores, deberá:

    • Enviar un email a elcamino@correos.com informando e explicando o incidente nun prazo máximo de 24 horas a partir do momento en que se produza o incidente.
    • No caso de roubo ou extravío, no prazo máximo de 10 días naturais desde a comunicación do incidente, debe aportar por email a denuncia presentada ante a autoridade competente.
    • En caso de deterioro grave, no prazo máximo de 10 días naturais desde a data de finalización da Reserva, debe enviar por email: fotografías do desperfecto e Certificado de Irreparabilidade da equipaxe emitido por un profesional.
    • Tanto en caso de extravíos como de deterioros graves, o Usuario debe aportar un número de conta bancario da UE, teléfono de contacto, e domicilio fiscal para proceder á indemnización.

7.- PRAZOS DE ENTREGA

Os bultos serán entregados no aloxamento de destino antes das 14:30 do mesmo día da recollida no aloxamento de orixe. Recordando novamente que o Usuario debe garantir que conta con reserva ou permiso do aloxamento para facer a entrega/recollida da equipaxe.

8.- ADMISIÓN

Para a admisión dos bultos, deberán contar cun peso que non poderá exceder os 15 kilogramos e unhas medidas máximas de 56 x 40 x 25cm. Ademais, o percorrido máximo de traslado será de ata 60 km/día. En caso de superar ditas medidas, percorrido ou peso, Correos resérvase o dereito a non facer o traslado sen que haxa opción a devolución do importe abonado. Correos recollerá os bultos a primeira hora da mañá no aloxamento indicado e os transportará antes das 14:30 no hostal, hotel ou albergue elixido na seguinte etapa do Camiño. Deste xeito, o Usuario poderá realizar o seu Camino sen cargar coa súa equipaxe. Pode consultar máis información do Servizo en https://www.elcaminoconcorreos.com/es/transporte-mochilas

9.- PREZO, FORMA DE PAGAMENTO E FACTURACIÓN

O prezo unitario do Servizo calcúlase tendo en conta o traslado dun único bulto que non supere os 15 kg e para transportes entre etapas iguais ou inferiores a 25 kilómetros. Se a etapa supera esta distancia, o prezo do Servizo será proporcional ao número de etapas equivalentes a esta distancia (se o Usuario quere realizar un percorrido diario de 50 Km o prezo corresponderá a 2 etapas, e no caso de que o Usuario contrate os 60 Km, o prezo corresponderá a 3 etapas redondeando o prezo ao exceso). O percorrido máximo dun traslado é de ata 60km/día.

O prezo final do Servizo contratado, que aparece na páxina web, inclúe calquera tipo de imposto indirecto que, no seu caso, poida ser de aplicación.

As reservas de Paq Mochila cuxo destino sexa a 'Oficina de Correos de Santiago de Compostela' beneficiaranse dun desconto especial no servizo de Consigna.

O pagamento ten que efectuarse por adiantado e pode realizarse mediante tarxeta bancaria ou Paypal. Así mesmo poderá pagarse en efectivo nunha oficina de Correos, acordando este pagamento previamente por teléfono ou email co Call Center do Paq Mochila.

No caso do pagamento en efectivo nunha oficina de Correos, o Usuario poderá solicitar a factura na mesma.

A aceptación destas Condicións Xerais supón a autorización expresa a Correos para a expedición destas facturas en formato electrónico.

10.- CANCELACIÓN DO SERVIZO

Dado que o servizo obxecto de contratación é o transporte de bens no que se establece unha data ou un período de execución específicos, o Remitente coñece e así se lle fai saber con anterioridade á aceptación dos termos e condicións, que a dita contratación non lle resulta aplicable o dereito de desestimento tal como establece o art. 103 l) do R. D Legislativo 1/2007, de 16 de novembro polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios.

Se ben, no caso de cancelación do Servizo por parte do Usuario, este deberá comunicalo por email a paqmochila@correos.com como máximo antes das 20:00 do día anterior ao inicio efectivo da realización do Servizo (cancelación de balde). O reembolso do importe da compra efectuarase unha vez se comprobe o estado da contratación, a través do mesmo medio de pagamento utilizado na compra.

Se se cancela a reserva a partir das 20:00 do día anterior a realizar o Servizo, a reserva non será reembolsable, pero os traslados pendentes de realizar poderán utilizarse ao longo da mesma temporada se o Usuario decide retomar o Camiño, iniciándoo onde cancelou o Servizo.

A mesma política de cancelación aplicarase á contratación da consigna en Santiago como punto de entrega do Paq Mochila.

11.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

Correos non se fai responsable dos danos e menoscabos sufridos durante o transporte e ata a entrega por caso fortuito, forza maior ou natureza e vicio propio das cousas. No suposto de que os bultos conteñan produtos perecedeiros, non se indemnizará pola perda ou deterioro dos mesmos se a entrega do envío ten lugar no prazo garantido. Correos non indemnizará cantidade algunha cando o envío estea contemplado entre os excluídos para circular por Correos, entendidos como aqueles envíos cuxo contido poida ser considerado como prohibido, de conformidade coa normativa que resulta de aplicación ou cuxo transporte estea sometido a requisitos ou disposicións especiais. Tampouco o será por danos consecuenciais ou extraordinarios, nen por lucro cesante ou calquera outra perda indirecta que se derive do extravío, dano, retraso, entrega incorrecta ou non entrega dos seus bultos.

12.- USO DO SERVIZO DE MENSAXERÍA A CORREOS ELECTRÓNICOS

No caso de que o Usuario desexe utilizar o servizo de avisos de recollida/entrega ou de alertas relativo á equipaxe mediante correo electrónico, que ofrece Correos de forma gratuíta, ambas as dúas partes acordan o seguinte:

Se está interesado en recibir o aviso diario de recollida/entrega da equipaxe vía mail (servizo gratuíto), o Usuario terá que solicitar este servizo mediante a marcación da pestana habilitada ao efecto no formulario de contratación do Paq Mochila.

O Usuario facilitaralle a Correos os datos do seu email, a fin de que dito operador postal lle comunique a recollida e/ou entrega da súa equipaxe ou ambas as dúas circunstancias segundo corresponda, mediante envío de SMS e/ou email.

A obriga de comunicación mediante email que asume Correos realizarase desde as 8:00 horas ata as 20:00 de luns a domingo.

O Usuario recoñece expresamente que o envío por parte de Correos de email dentro dos parámetros (horario e días) acordados, non garante que ditas comunicacións vaian ser recibidas dentro dos indicados parámetros, polo que en ningún caso poderá imputarse a Correos a eventual non recepción.

O Usuario manifesta expresamente, e garante a Correos, que o dato do correo electrónico é da súa titularidade e en caso de envíos contratados por unha Axencia de viaxes que conta co consentimento inequívoco do destinatario para utilizar dito dato para comunicacións vía email dando noticias sobre a recollida ou a chegada do seu envío.

O Usuario tamén manifesta expresamente e garante, que coñece e asume a posibilidade de que a comunicación por email poida chegarlle fóra dos horarios e días acordados, por razóns alleas a Correos. O Usuario exonerará a Correos de calquera responsabilidade derivada directa ou indirectamente do momento en que se produza a recepción do email que Correos envíe en cumprimento das obrigas asumidas co Usuario a estes efectos.

13.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSONAIS

En cumprimento da normativa aplicable en protección de datos de carácter persoal informámoslle que os datos de carácter persoal serán tratados pola Sociedad Estatal Correos y Telégrafos S.A. (en adiante "Correos") con CIF A-83052407 e domicilio social en Conde de Peñalver, 19 - 28006 Madrid (España) dacordo co establecido na Política de Protección de Datos

14.- ATENCIÓN AO CLIENTE

Calquera controversia que se suscite pola prestación dos Servizos poderá formularse polos procedementos que están implantados en Correos e conforme ao previsto na lexislación vixente. O Usuario poderá informarse de ditos procedementos nas oficinas de Correos, neste enlace ou nos teléfonos 915197197 o 900 400 004.

15.- LEI APLICABLE E XURISDICCIÓN

A prestación dos Servizos regulada nestas Condicións Xerais rexirase pola lexislación española. As partes sométense á xurisdicción española, concretamente aos Xulgados e Tribunais da capital de provincia onde radique o domicilio do Usuario.

Para cualquera dúbida sobre o transporte da súa equipaxe consulte a web www.elcaminoconcorreos.com, ou envíenos un correo electrónico a paqmochila@correos.com.

 

Condicións xerais do servizo de Consigna en Santiago

Ao contratar os servizos de consigna (tamén denominado en adiante de depósito), a Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A. S.M.E. (en adiante CORREOS), en calidade de usuario do servicio, acorda que as presentes Condicións xerais aplicaranse desde o momento en que CORREOS acepte o depósito de equipaxes/bultos, mochilas, bicicletas e bastóns ou outros obxectos semellantes (en adiante equipaxe/bulto) para a súa conservación polo prazo acordado entre as partes. CORREOS poderá realizar os servizos polos seus propios medios ou ben subcontratar parcialmente a prestación do servizo.

CORREOS resérvase a facultade de modificar as presentes Condicións xerais en calquera momento. A versión vixente será a última publicada na páxina web de “El Camino con Correos” www.elcaminoconcorreos.com (en adiante a Plataforma).

Dado que o servizo obxecto de contratación é o de prestación de servizos, o usuario coñece e acepta e así se lle  fai saber con anterioridade á aceptación das Condicións xerais, que á dita contratación non lle resulta aplicable o dereito de desestimento nos termos que establece o art. 103 a) do R. D Lexislativo 1/2007, de 16 de novimbro polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios, unha vez que a execución teña comezado.

  1. DESCRICIÓN DO SERVIZO

O servizo de depósito de CORREOS é un servizo polo que CORREOS realiza a conservación de equipaxe/bulto nas súas oficinas, dentro do horario de apertura estipulado para iso.

CORREOS manterá en depósito nas súas instalacións as equipaxes/bultos durante o período indicado no xustificante (recibo) de depósito e especificamente desde o día e o momento da entrega ata a data e hora da suposta recollida.

  1. EQUIPAXE ACEPTADA EN CONSIGNA

No momento do depósito, o depositante (a persoa que solicita o servizo de depósito) declara que a equipaxe/bulto non se atopa entre os non aceptados para o depósito, detallados no seguinte punto 3. CORREOS pode ademais pasar esta equipaxe/bulto por un escáner para comprobar que dita condición se cumpre.

Serán aceptados en depósito, dentro do límite de almacenaxe da oficina que será comunicado ao depositante no momento de levar a cabo o depósito da equipaxe/bulto. Cada equipaxe/bulto deberá estar ben pechado e sen outras equipaxes/bultos colgando. CORREOS non responde, en calquera caso, dos cartos ou outros obxectos de valor contidos en cada equipaxe/bulto que non poden depositarse.

  1. EQUIPAXE/BULTO NON ACEPTADO EN DEPÓSITO

Non se acepta para depósito:

  1. Equipaxe/bulto que conteñan materiais inflamables ou deteriorables exhalando malos cheiros ou que poidan causar danos a outras equipaxes/bultos depositados.
  2. Diñeiro, xoias, metais preciosos, mostras ou documentos de negocios e obxectos de valor en xeral.

Pódense rexeitar equipaxe/bulto en mal estado, salvo en casos no que o solicitante declare por escrito que exonera a CORREOS de calquera responsabilidade en relación co mal estado e/ou deterioro do contido.

O depositante obrígase a indemnizar e manter ilesa a CORREOS, de calquera dano que se derive do incumprimento do recollido nas presentes Condicións xerais.

  1. HORARIO DE APERTURA DA CONSIGNA

O horario de apertura ao público do servizo de Consigna da oficina de Correos de Santiago de Compostela é de:

  • Temporada alta: de luns a domingos, de 08:30 a 20:30. 
  • Temporada baixa: de luns a venres, de 8:30 a 20:30 | Sábados, domingos e festivos: de 11:00 a 18:00 horas.

Estes horarios poden ser modificados según necesidades do servizo.

  1. PERSOAL ENCARGADO DA CONSIGNA

O depósito da equipaxe/bulto é atendido por persoal de CORREOS. O persoal está obrigado a cumprir e facer cumprir as normas relacionadas co exercicio de conservación do depósito. O persoal poderá cobrar os importes correspondentes aos depósitos, asinar os recibos e realizar todas as operacións e actos en virtude das presentes Condicións xerais.

  1. ACCESO Á CONSIGNA DE EQUIPAXE POR RAZÓNS DE SERVIZO

Na consigna sempre estará permitido o acceso, ademáis de aos empregados de CORREOS, encargados do control e a xestión do servizo, á Policía ou corpos de seguridade do Estado ou Local, sempre e cando a solicitude estea motivada por escrito e por razóns de seguridade.

  1. FORMA DE CONTRATACIÓN

A contratación do servizo de consigna poderá realizarse de dúas formas:   

  • Oficina de Correos de Santiago de Compostela: no momento da consigna das equipaxes/bultos, CORREOS solicitaralle ao depositante o seu nome e apelidos e deberá presentar o seu DNI/pasaporte para cubrir o xustificante de depósito, o cal deberá asinar. A equipaxe/bulto será conservada polo servizo de consigna, asignandóselle un número. Faráselle entrega para dun xustificante (recibo) co número que deberá presentar obrigatoriamente á hora da recollida. A persoa que solicita o servizo deberá pagar a tarifa no momento da consigna antes da entrega do xustificante (recibo) do depósito.
  • Plataforma: o depositante deberá encher a folla de depósito que incluirá nome e apelidos, correo electrónico e a descrición da equipaxe obxecto de consigna. A continuación, enviaráselle un correo electrónico co código de reserva ao nome que se especifica na reserva, o cal unha vez o depositante chegue á oficina de Santiago de Compostela, deberá amosarlle ao persoal da oficina de Correos, xunto coa presentación do DNI/pasaporte. O pagamento realízase mediante Tarxeta ou Paypal no momento que se cubra a información anteriormente indicada. Cando o depositante proceda á entrega da equipaxe/bulto na oficina, este será custodiado polo servizo de consigna, asignándoselle un número. Faráselle entrega dun xustificante (recibo) co número que deberá presentar obrigatoriamente á hora da recollida.

En ambos os dous casos, con respecto ao xustificante (recibo), o depositante poderá solicitar en oficina que o mesmo lle sexa remitido vía correo electrónico.  En tal caso, o depositante deberá indicar o correo electrónico ao que debe dirixirse.

Se o depositante desexa factura, deberá indicalo na Plataforma, ou no seu caso na propia oficina, aportando os datos relativos ao seu DNI e domicilio, para a súa elaboración.

  1. TARIFAS 2025

As tarifas para o depósito da equipaxe/bulto serán as fixadas pola empresa CORREOS. Amósanse publicamente na páxina web www.elcaminoconcorreos.com . Os prezos son por tipoloxía de equipaxe/bulto segundo se indica abaixo, e dependen do tempo de conservación.

  • CUSTODIA DE 1 DÍA DE MOCHILA/MALETA: 4 euros
  • CUSTODIA DE 1 DÍA DE BICICLETA. 6 euros
  • CUSTODIA DE 1 DÍA DE BASTÓN. 1 euro

Entendendo por 1 día o día hábil en horario de apertura de oficina. A modo de exemplo, un bulto depositado un luns ás 08:30 am será conservado polo prezo de 4 euros ata as 20:30 pm dese mesmo día. A partir dese momento considérase como un segundo día.

O encargado da consigna comprobará, no momento da devolución, a correspondencia do resgardo exhibido pola persoa que recolle a equipaxe, (xustificante (recibo)).  O encargado da consigna poderá, en caso de ter dúbidas razoables de que o presentador do resgardo non sexa o lexítimo propietario da equipaxe/bulto, solicitar o DNI/pasaporte de dita persoa e en caso de non presentación do mesmo poderá suspender a devolución ata a presentación de dito DNI/pasaporte. No seu defecto, a equipaxe/bulto quedará na consigna ata o cumprimento das necesarias comprobacións.

Durante o período de suspensión da devolución, CORREOS non imputará ningún custo ao depositante.

CORREOS poderá ofrecerlles aos clientes que estén utilizando o servizo Paq Mochila de CORREOS, un desconto especial no servizo de Consigna se desexan recoller a súa equipaxe/bulto na Oficina Principal de Correos de Santiago. Este desconto será determinado a criterio de CORREOS e comunicado previa á contratación. No caso de que queiran utilizar o servizo durante máis días, deberán axeitarse ás tarifas correspondentes.

9. EQUIPAXE/BULTOS NON RECOLLIDOS

Despois de 30 días desde a data de recollida declarada no momento do depósito, a equipaxe/bulto non reclamada enténdese abandonado e o depositante perderá calquera dereito a reembolso ou indemnización polos mesmos. A empresa CORREOS poderá proceder a discreción á destrucción e/ou retención da equipaxe/bultos e o seu contido.

Durante os 30 primeiros días desde a data de recollida, a equipaxe/bulto permanecerá na oficina de CORREOS.

10. SOLICITUDE DE EQUIPAXE ESQUECIDO

A devolución da equipaxe/bulto esquecido será a total cargo do depositante, incluídos os gastos de conservación e outros. CORREOS enviará os obxectos esquecidos se son reclamados no prazo estipulado; neste caso o depositante adiantará todos os gastos de envío, que dependen do peso, o destino, o transportista, etc.

11. RESPONSABILIDADE

CORREOS non se fai responsable das averías e dos deterioros naturais da equipaxe/bulto depositados baixo a súa directa conservación e non imputables á súa culpa ou a causas relacionadas á conservación no depósito. CORREOS non sei fai responsable por danos ou perdas, causas de forza maior e/ou acontecementos naturais como, por exemplo, terremotos, inundacións, etc. CORREOS non responderá do deterioro ou avarías causadas do contido que non sexa declarado polo depositante no momento de realizar o depósito.

12. CONDICIÓNS E REVISIÓNS DO SERVIZO

Co xustificante (recibo) o depositante acepta todas as condicións establecidas nas presentes Condicións xerais de CORREOS. A cal resérvase o dereito de modificar as mesmas por situacións sobrevidas que xordan no curso concreto da actividade.

13. PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento da normativa aplicable en protección de datos de carácter persoal, os datos de carácter persoal serán tratados pola Sociedad Estatal Correos y Telégrafos S.A (en adiante, “CORREOS”) con NIF A-83052407 e domicilio social en Conde de Peñalver,19 - 28006 Madrid (España) dacordo co establecido na Política de Protección de Datos

14. XURISDICCIÓN

A lei aplicable será a española e a xurisdicción a dos Xulgados e Tribunais que corresponda ao fuero competente para o consumidor e usuario.