Transporte de mochilas entre etapas do Camiño de Santiago

 

  En CORREOS realizamos o transporte de mochilas, maletas e equipaxes dun aloxamento a outro no Camiño de Santiago para que poidas camiñar sen peso e gozar ao máximo das rutas e etapas.

 

 

Se decides facer o Camiño sen mochila para poder facer as etapas sen moito peso ás túas costas ou para levar máis cousas das que podes cargar, en CORREOS encargámonos de transportar a túa mochila ou maleta cada día (tamén domingos e festivos), etapa a etapa, aos albergues, hostais ou hoteis que nos vaias indicando.

Co noso PAQ MOCHILA nós encargarémonos de recoller a túa equipaxe pola mañá no aloxamento que nos indiques e de levala ao teu seguinte albergue, hostal ou hotel antes das 14:30 do mesmo día, para que poidas dispoñer dela ao final da túa etapa. Realizamos este servizo de transporte de mochilas entre etapas no Camiño Francés desde Roncesvalles, no Camiño Portugués desde Tui, no Camiño Primitivo desde Oviedo, no Camiño do Norte desde Llanes (vía Xixón ou Avilés), no Camiño Inglés desde Ferrol, no Camiño Sanabrés desde A Gudiña e no Camiño a Fisterra e Muxía.

Prestamos o noso servizo de traslado de mochilas e maletas en todos estes Camiños desde o 1 de abril ata o 31 de outubro e durante todo o ano desde O Cebreiro a Santiago de Compostela (excepto 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro).

 

 

Como funciona o Paq Mochila? Pois dun xeito moi sinxelo!

 Podes reservar o PAQ MOCHILA de CORREOS de 3 formas moi sinxelas: online, por correo electrónico ou por teléfono.

 

  • O máis cómodo é FACER A RESERVA ONLINE. Así poderás indicarnos desde este momento toda a información que necesitamos para o traslado da túa equipaxe. Como mínimo necesitamos saber que Camiño vas realizar, en que datas, cantas etapas queres contratar e cal é o teu primeiro aloxamento. Desta forma deixarías xa organizado, reservado e pagado o servizo (pagamento con tarxetas ou con Paypal). Se ademais coñeces xa todos os aloxamentos nos que durmirás no teu Camiño podes indicárnolos tamén e xa deixarías todos os traslados organizados. Se non os sabes aínda, non te preocupes porque podes indicárnolos máis tarde, incluso mentres esteas facendo o Camiño, aínda que sempre antes das 21:00 horas do día anterior ao transporte. Ao finalizar a reserva enviarémosche un correo electrónico con todos os datos da túa reserva e coa clave de acceso coa que poderás realizar modificacións.

 

Reservas online

 

  • Tamén podes enviarnos un correo electrónico a paqmochila@correos.com ou mandar un WhatsApp ou facer unha chamada ao teléfono +34 683 44 00 22. Deberás indicarnos as datas e etapas onde queres que realicemos o transporte da túa mochila e seguir despois as indicacións que che daremos para a reserva e pagamento (pagamento directo ou por transferencia bancaria).

 

 

Podes contratar o noso PAQ MOCHILA desde 4 euros por etapa contratando 5 ou máis etapas * (recollida e entrega no aloxamento elixido)                                                                                   
Tamén tes a opción de contratar o servizo para algunha etapa solta. Neste caso o prezo será de 5 euros por etapa *        

* Prezo por traslado dun único vulto que non supere os 20kg e para transportes entre etapas inferiores a 25 quilómetros. Para etapas en bicicleta o percorrido máximo é de 90km/día.   

 

 

Unha vez realizada a túa reserva, en CORREOS poñémonos en marcha.  

                               

 

  1. Unha vez realizada a reserva, organizaremos todas as recollidas e traslados coa información que nos facilitaches (o día que comezas, os albergues, hoteis ou hostais nos que te aloxarás…) e asignaremos un código de control á túa mochila ou maleta para coordinar o transporte.                                                             
  2. O día que comeces o teu Camiño nós xa estaremos preparados para ir recoller a mochila ou maleta ao lugar onde nos indicaches. Así que ti só tes que erguerte e deixar a túa equipaxe antes das 08:00 na recepción antes de empezar a camiñar. O primeiro día deberás colgar o noso sobre Paq Mochila na túa mochila ou maleta para que poidamos identificala. Atoparás sobres nos aloxamentos ou tamén o podes descargar aquí. Os nosos carteiros irán a recollela e colocaranlle unha etiqueta co código de seguimento para continuar realizando o transporte o resto de días.     
  3. Mentres ti camiñas sen cargas, os carteiros encargaranse de transportar a mochila ou maleta ao seguinte aloxamento que nos indicaches antes das 14:30 horas para que poidas dispoñer das túas cousas cando finalices a etapa.


 

Para calquera cuestión ou dúbida podes ler estas PREGUNTAS FRECUENTES e podes atoparnos de 08:30 a 21:00 no correo paqmochila@correos.com ou no teléfono +34 683 44 00 22 (tamén por WhatsApp).

 

 


   Aquí che deixamos un vídeo para que vexas como funciona o noso Paq Mochila e o resto de servizos que temos para os peregrinos que fan o Camiño de Santiago. Como o noso Paq Peregrino, que che permitirá enviar equipaxes e maletas á túa casa ou a calquera oficina de Correos do Camiño para recollelas alí cando chegues, o noso servizo de Consigna en Santiago, para que poidas deixar alí as túas cousas e poder entrar á Catedral.