Logo el camino con correos
Logo el camino con correos

     Leva ao Camiño de Santiago a nosa Tarxeta Prepago

 

  

Se queres ir ao Camiño sen preocupacións e gozar ao máximo da experiencia, podes solicitar a nosa Tarxeta Correos PrepagoMasterCard®

 

 

     

  A nosa tarxeta prepago permitirache pagar en calquera dos establecementos que aceptan MasterCard® (practicamente todos en España), comprar en Internet ou tirar diñeiro dos seus caixeiros. A diferenza con outras tarxetas é que non está vinculada a ningunha conta corrente, así que non se poderá gastar máis importe do que cargaches nela.

 

 

  

 

Poderás recargala as veces que queiras segundo se vaia esgotando o saldo en calquera oficina de Correos de España, ou tamén facendo unha transferencia desde unha das túas tarxetas bancarias a través da web. Tamén permite realizar transferencias entre tarxetas prepago de Correos.

   Con esta opción poderás facer o Camiño de Santiago sen moito diñeiro en metálico e sen ter que levar as túas tarxetas bancarias habituais. Se non gastas todo o saldo, poderás seguir usándoa en España ou noutros países do mundo onde acepten MasterCard®.

 

  A tarxeta Correos Prepago MasterCard® funciona cun pin de seguridade que ti elixes. En caso de perda pódese bloquear como calquera tarxeta e recuperar o diñeiro nunha nova. Tamén podes baixar a nosa APP no App Store ou Google Play que che permitirá xestionar a túa tarxeta rápida e comodamente desde o móbil, consultar o saldo, recargar a tarxeta, ou bloquear e desbloquear a túa tarxeta cando decidas cun só clic.

 

   Podes solicitar esta tarxeta en calquera das nosas oficinas de Correos. Entregarancha ao momento cun custo de 6 euros. A partir de aí poderás ir recargándoa co diñeiro que queiras e usala no Camiño ou en calquera outro momento ou lugar. Tamén podes pedila a través da páxina web Correos Prepago, onde podes ler todas as condicións e a información completa.