Sela a túa Credencial nas Oficinas de Correos do Camiño


   Entra en calquera oficina de Correos que te vaias atopando ao longo do teu Camiño de Santiago para que selemos a túa Credencial. En moitas delas temos cuños de selos especiais con imaxes de lugares emblemáticos do Camiño. E se ademais es amante da filatelia podes adquirir a túa Credencial Filatélica.


 A Credencial do Peregrino é o pasaporte que levan os peregrinos que fan o Camiño para acreditar á súa chegada a Santiago que fixeron máis de 100 quilómetros camiñando (200 quilómetros se se fai en bicicleta) e así conseguir a Compostela.

   Tal como explica a propia Credencial Oficial, “nos recadros deberá figurar o selo de cada localidade. Ao menos dous por día, coa data, para acreditar o seu paso”. Algo que poderás facer en calquera das oficinas de Correos que atopes ao longo do teu Camiño, ademais en moitas delas atoparás cuños de selos especiais que deseñamos coa estampa dalgún lugar ou acontecemento importante da localidade.

 

 


  E se es amante da Filatelia ou simplemente queres levar un recordo especial do teu Camiño podes adquirir a nosa Credencial Filatélica*nestas Oficinas Postais situadas ao longo do Camiño Francés e na nosa oficina da Vía Dublín en Madrid.
 

 

 

A Credencial Filatélica, que inclúe 15 selos de Correos, todos eles coa simbólica cuncha do peregrino, destaca 14 etapas emblemáticas do Camiño Francés, desde Roncesvalles, pasando por Pamplona, Burgos, León, Astorga, Ponferrada, O Cebreiro… ata chegar a Santiago. Esta credencial pódese selar ao igual que a credencial oficial en albergues, Asociacións de Amigos do Camiño, parroquias… e nas Oficinas Postais repartidas ao longo do Camiño Francés. Ademais nas Oficinas de cada unha das localidades que eliximos para colocar un selo na credencial, dispoñemos de cuños de selos turísticos que representan a gran riqueza arquitectónica destes lugares.

 

 

 

O primeiro destes cuños de selos, así como a credencial, atoparalos na oficina de Burguete (a 2,5 km de Roncesvalles aberta de luns a venres de 8:30 a 9:30 durante todo o ano e do 1 de abril ao 31 de outubro de luns a sábado de 8:30 a 9:30 e de 16:30 a 19:30). Ademais, podes completar a credencial na parte traseira con máis selos.

 

Ao chegar a Santiago achégate á nosa Consigna na Oficina na Rúa do Franco 4, a escasos 2 minutos da Catedral, alí podes estampar un último cuño de selo especial en dúas cores xunto ao selo do Camiño de Santiago certificando así a túa “peregrinación Filatélica”.

 

*Este documento non substitúe á credencial expedida pola Catedral de Santiago ou as Asociacións de amigos do Camiño para obter a Compostela.

 

 

 

          

 

                 Prezo credencial e estoxo: 15 € (IVE incluído)

             

 

 

 

 

 

 

Aquí che deixamos unha galería cos principais cuños de selos turísticos do Camiño que poderás atopar nas nosas oficinas:

 

 


En este vídeo puedes ver el Sellado de Credenciales y el resto de servicios que tenemos para los peregrinos que hacen el Camino de Santiago.