Envío de paquetes no Camiño de Santiago

 

  Envía os teus paquetes desde as máis de cen oficinas que CORREOS ten ao longo do Camiño de Santiago ou desde algunha das “Tendas Amigas do Camiño”, unha rede de tendas e aloxamentos desde onde tamén poderás facer envíos de paquetes a calquera hora. Este servizo permitirá desfacerte de cousas que levas na túa equipaxe e xa non che fan falta, comprar recordos, produtos típicos… sen ter que preocuparte de cargar con eles.

 


ENVÍO DE PAQUETES NAS OFICINAS DE CORREOS. En calquera oficina de CORREOS podes comprar embalaxes e realizar envíos de paquetes, tanto nacionais como internacionais. Nelas poderás elixir o tipo de paquete con prazo e características de entrega que máis se axusten ás túas necesidades. Entre eles está o PAQ PEREGRINO, un paquete adaptado ás necesidades dos peregrinos,aquí podes consultar os seus prezos e características.

 

 

 

 

ENVÍO DE PAQUETES DESDE AS “TENDAS AMIGAS”. As “TENDAS AMIGAS” de CORREOS no Camiño de Santiago son máis de 100 establecementos (tendas, albergues, hoteis…) que dispoñen das nosas embalaxes e cos que acordamos servizos de recollida de paquetes. Isto permitirache realizar envíos directamente desde elas, sen ter que achegarte a ningunha das nosas oficinas nin estar pendente dos seus horarios.

 

 

 

AQUÍ podes consultar a listaxe das nosas Tendas Amigas. Nelas podes solicitar unha das nosas caixas deseñadas para este tipo de envíos. Unha vez que teñas a caixa, metes nela o que queiras enviar, péchala e escribes o enderezo do destino e o remite. Na propia Tenda daranche unha folla cun número para que poidas facer o seguimento do teu envío. En Correos encargarémonos de facer a recollida e levala ao destino que nos indicaches.

 

Este novo servizo permitirá desfacerte de roupa que che vaia sobrando ou simplemente alixeirar o peso da mochila desde o mesmo albergue, enviándoo cas nosas embalaxes directamente á túa casa ou a Santiago. Tamén poderás aproveitar para comprar produtos típicos, regalos ou recordos e envialos sen ter que cargar con eles e sen preocuparte de buscar unha oficina postal aberta.

 

Recoñecerás ás nosas “Tendas Amigas” porque teñen este adhesivo con identificación:

 

 

 E se tes un establecemento: tenda, albergue, hotel, hostal… e queres formar parte do noso grupo de “Tendas Amigas”, non dubides en poñerte en contacto con nós a través do mail elcamino@correos.com.

 

  Neste vídeo podes ver como funciona o envío de paquetes desde as nosas TENDAS AMIGAS e o resto de servizos de Correos para o Camiño: