Envío de maletas, mochilas e equipaxes no Camiño de Santiago

 

En CORREOS realizamos o envío de mochilas, maletas e equipaxes no Camiño de Santiago, ao punto de inicio do teu Camiño, de volta á túa localidade ou ao lugar que nos indiques. Para iso temos o noso PAQ PEREGRINO. Se o que buscas é transportar a túa equipaxe de aloxamento en aloxamento, etapa a etapa, tamén realizamos ese servizo, co noso Paq Mochila.

O PAQ PEREGRINO pode solucionar algunhas das túas necesidades tanto antes, como durante como despois do Camiño:

 

                                      envío maletas camino santiago  

 

 

ANTES DE EMPEZAR O CAMIÑO:

  1. Podes enviar a túa mochila ou maleta ao punto de inicio do teu Camiño para non ter que viaxar ata alí con ela. Podes facer o envío desde calquera oficina postal á oficina de Correos onde vaias iniciar a túa ruta, alí gardarémoscha ata a túa chegada.
  2. Podes enviar unha maleta a Santiago ou a calquera outro pobo ou cidade do Camiño para recollela alí á túa chegada. Isto permitirache dispor de máis roupa e efectos persoais por se queres gozar duns días de vacacións pola zona.

 

Se chegas a España en avión por Madrid, podes facer o envío directamente desde a oficina postal que temos no aeroporto de Baraxas. Pódela atopar na Terminal 1, no vestíbulo de Chegadas. Está aberta de 08:30 a 14:30 de luns a venres e sábados de 09:30 a 13:00. Tamén temos unha oficina postal na estación de tren de Chamartín de Madrid, aberta no mesmo horario. En moitas cidades atoparás tamén oficinas abertas en horario de tarde, incluso algunha ata as 22h. Os horarios e enderezos das nosas máis de 2.000 oficinas pódelos consultar neste enlace.

 

DURANTE O CAMIÑO:

  1. Podes enviar un paquete peregrino coa roupa ou efectos persoais que che sobran na túa mochila, ou con algunha compra que queiras facer. Pódelo enviar de volta á túa localidade ou tamén a calquera oficina de Correos do Camiño para recollelo á túa chegada.

 

AO ACABAR O CAMIÑO:

  1. Cando acabes o Camiño podes enviar a túa mochila ou maleta de volta con Correos. Isto permitirache viaxar sen cargar con ela e pode aforrarche os custos de facturación dalgunha compañía aérea.

 

En Santiago atoparás unha oficina na Rúa do Franco, 4, (a 2 min. da Catedral), outra na Oficina de Atención ao Peregrino, na Rúa Carretas, e unha xusto ao lado da estación de autobuses, na rúa Anxo Casal.

 

Os prezos para envíos a España peninsular son:

 

  Maletas ou paquetes ata 15 kg: 17’97 euros (IVE incluído).
 Maletas ou paquetes ata 25 kg: 26’60 euros (IVE incluído).

          * Para envíos internacionais consulta os nosos envíos de paquetaría.
 

 

 

 

Ademais, facemos tamén o ENVÍO DE BASTÓNS desde Santiago por se non queres facturalos ao volver a casa (non entra como equipaxe de man se volves en avión). Os prezos para estes envíos son:

 

 Envío de bastóns a España e outros destinos: Prezo por peso. Consultar prezo na oficina
Envío de bastóns a Europa: 16 euros (IVE incluído)

 

Se o que buscas é non cargar coa túa mochila ou maleta durante o teu Camiño e que CORREOS che leve a túa equipaxe cada día, de aloxamento a aloxamento e etapa a etapa, tes o noso PAQ MOCHILA, que podes reservar online e que che permitirá camiñar sen cargar coa túa equipaxe.

 

Aquí che deixamos un vídeo para que vexas este e o resto de servizos que temos para os peregrinos que fan o Camiño de Santiago.