Envío de Bicicletas no Camiño de Santiago

 

 En CORREOS realizamos o transporte de bicis no Camiño de Santiago para que poidas levar a túa bici ao Camiño. Enviámola ao punto onde vaias comezar e de volta cando o acabes.

 

Queres enviar a túa bicicleta por Correos? Se decidiches facer o Camiño de Santiago en bici e queres facelo coa túa bicicleta, conta con Correos para facer o traslado ao lugar onde queiras empezalo ou desde o lugar onde o finalices. Co noso servizo de envío de bicis, o PAQ BICICLETA, facemos o traslado cunha embalaxe adaptada -150cm de longo, 30cm de ancho e 90 cm de alto- para que apenas teñas que desmontala. O envío vai asegurado cun seguro mínimo de 300 euros que podes ampliar.

 

 

http://elcaminoconcorreos.com/envio/bicicleta/santiago/Camino.png

                                                                                                            * Medidas da caixa 150 x 30 x 90 cm

1.  ENVIAR A BICICLETA PARA EMPEZAR O CAMIÑO:

 Se queres enviar a túa bici ao punto onde vaias empezar o teu Camiño achégate a calquera das nosas oficinas para solicitar o Paq Bicicleta. Na oficina facilitaranche a nosa embalaxe especial para que poidas empaquetala e facer o teu envío, que irá cun código que che permitirá facer o seguimento do paquete a través da nosa web www.correos.es

Pódela mandar á oficina de Correos da localidade onde vaias comezar o Camiño (nós gardarémoscha alí gratuitamente ata 15 días) e se o teu Camiño empeza en Roncesvalles enviámoscha ao albergue.

Para asegurarte de que o envío chega a tempo, recomendámosche que envíes a túa bici con tres ou catro días hábiles de antelación. Se necesitas axuda ou che xurde calquera dúbida podes contactar con nós en elcamino@correos.com

 

2.  ENVIAR A BICICLETA AO ACABAR O CAMIÑO:

  Se xa fixeches o Camiño e necesitas transportar a bici de volta desde Santiago ou desde a localidade onde decidas finalizar o Camiño, busca a oficina postal máis próxima e desde alí enviarémola de volta.

En Santiago de Compostela temos unha oficina a 2 minutos da Catedral, na Rúa do Franco, 4, outra xusto ao lado da estación de autobuses, na rúa Anxo Casal, e un punto de atención ao peregrino na mesma Oficina do Peregrino da rúa Carretas a onde terás que ir recoller a túa Compostela.

 

 

Contrata o noso PAQ BICICLETA por 42,37 euros (IVE incluído) para envíos peninsulares. Neste prezo vai incluído a embalaxe especial e un seguro de 300 euros que podes ampliar se prefires.
Envíos ao Albergue de Roncesvalles por 47,37 euros (transporte, embalaxe, seguro e IVE incluído).
Envíos a Baleares: 64,25 euros (transporte, embalaxe, seguro e IVE incluído) Desde as nosas oficinas de CORREOS en Santiago podes enviar a bici de volta a outros países de Europa. Estas son as tarifas:

Envío de bicis a Portugal: 60 euros (IVE incluído)

Envío de bicis a Francia: 80 euros (IVE incluído)

Envío de bicis a outros países europeos: 90 euros (IVE incluído)

Todos os envíos procedentes de Canarias, Ceuta e Melilla, así como os envíos nacidos en Santiago e con estes destinos, poden estar suxeitos a trámites de importación.

*O transporte de ida e volta son dous envíos.

Ademais deste servizo para o transporte de bicicletas no Camiño de Santiago, se es un bicigrino podes contar con nós para outros servizos :

 

  • Se prefires facer o Camiño sen moito peso nas alforxas, podes contratar o noso Paq Mochila e levaremos a túa maleta ou mochila de aloxamento en aloxamento nas etapas que nos indiques.

 

  • Se non sabes onde deixar a túa bici ao chegar a Santiago, nós gardámoscha. Pódela deixar no noso servizo de Consigna na Rúa do Franco, 4, a 150 metros da Praza do Obradoiro. Alí gardamos bicis e maletas para que poidas entrar na Catedral.

 

  • Se queres enviar unha maleta a Santiago ou ao lugar onde acabes o Camiño para tela alí á túa chegada, podes utilizar o noso Paq Peregrino.

 

  • Ao longo do Camiño tamén podes achegarte ás nosas oficinas de Correos para selar a túa Credencial de Peregrino cos nosos cuños para selos especiais ou adquirir a túa Credencial Filatélica.

 

 

Aquí che deixamos un vídeo para que vexas como funciona o noso Paq Bicicleta e o resto de servizos que temos para os peregrinos que fan o Camiño de Santiago: