Consigna en Santiago de Compostela

 

 Na oficina de CORREOS de Santiago atoparás unha CONSIGNA para mochilas, maletas, bicis ou bastóns. Así poderás entrar á Catedral (non permite a entrada con mochilas), ir buscar a túa Compostela ou visitar a cidade sen pesos nin cargas. Tamén che pode resultar útil para deixar as túas cousas se segues ata Fisterra.

Na nosa oficina postal da Rúa do Franco, 4, a 2 minutos da Praza do Obradoiro, temos un servizo de consigna para mochilas, maletas, bastóns ou bicis

Unha vez que goces da túa chegada á Praza do Obradoiro podes achegarte a deixar alí as túas pertenzas para poder entrar á Catedral, xa que non ten permitido o acceso con mochilas, e tamén se queres gozar da cidade sen peso.

 

A oficina está moi céntrica, nunha das rúas con máis movemento da cidade, moi preto da Praza de Galicia (onde se collen os autobuses para o aeroporto) e a 8 minutos a pé da estación de tren.

 

Tamén podes utilizar a consigna para deixar a túa mochila, maleta ou algunha bolsa se vas seguir o teu Camiño a Fisterra ou facer algunha excursión por Galicia. Gardarémoscha ata a túa volta.

 

 

O HORARIO DO NOSO SERVIZO DE CONSIGNA varía na temporada de inverno e de primavera/verán.

 

Desde Semana Santa ata o 31 de outubro abrimos de luns a sábados de 08:30 a 20:30 e os domingos e festivos de 08:30 a 19:00.
Desde o 1 de novembro a Semana Santa abrimos de luns a venres de 08:30 a 20:30 e os sábados de 09:30 a 13:00 horas..

 

Os prezos son os seguintes:

  1. Mochila ou maleta 2 euros/día
  2. Bicicleta 3 euros/día
  3. Bastón ou Bordón 1 euro/día                                     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Se continúas o teu Camiño a Fisterra na nosa oficina na Rúa da Coruña tamén dispoñemos de servizo de Consigna ademais do resto de servizos para os peregrinos.

 

Desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro abrimos de luns a venres de 08:30 a 18:00 e sábados de 09:30 a 13:00.
 Desde o 1 de outubro ata o 31 de maio abrimos de luns a venres de 8:30 a 14:30 e sábados de 9:30 a 13:00

 

 

Ademais do servizo de consigna, no noso punto de atención ao peregrino da Rúa do Franco tamén poderás enviar a mochila, bici ou o bastón de volta , comprar selos, postais, enviar paquetes ou contratar o noso Paq Mochila se queres continuar ata Fisterra. Neste vídeo podes ver a nosa Consigna e o resto de servizos para os peregrinos que fan o Camiño de Santiago.